miércoles, 29 de febrero de 2012

Os pescadores de Lalín celebran o venres a súa asamblea e sorteo



A Sociedade de Caza e Pesca de Lalín celebrará o 2 de marzo, venres ás 20.30 horas, no Campo de Tiro unha asemblea de socios pescadores na que se informará sobre a vindeira tempada de pesca e posteriormente se sortearán os talóns para o desenvolvemento de dito deporte nos coutos da sociedade. Os socios que non recolleron o pasado ano os recibos adxudicados por sorteo non poderán participar no deste ano, segundo lembra o colectivo nunha circular que lle remitiu aos seus asociados. Por outra banda a persoa que acuda a retirar un permiso en nome dun socio deberá de ser maior de idade, ou asociado maior de 14 anos, sempre que non simultánee a retirada de dous ou varios permisos. O presidente da sociedade, Luis Nistal, lémbralle aos pescadores que os cupos de captura e tallas para esta tempada 2012 tanto nos coutos de Rodeiro coma de Lalín son dun máximo de dez troitas que deberán de medir -como mínimo- dezanove centímetros. Salientar tamén que, por resolución da Consellería de Medio Ambiente, recóllese na orde de vedas que os dous coutos dependentes da sociedade lalinense estarán pechados os luns para favorecer «o descanso dos ríos». Un peche que se materializará en luns que non sexan festivos, de carácter nacional ou autonómicos. Respecto das cuotas establecidas para esta tempada, que comezará o vindeiro 18 de marzo, serán de 35 euros para os socios do municipio. Os asociados foráneos deberán de abonar 60 euros, os xuvenís 15 euros e o prezo do permiso diario quedou fixado nun euro. Recibos de socios que se cobrarán e se poderán recoller na oficina de Novagalicia Banco, en Lalín, a partires do 4 de marzo. E os cazadores que desexen adestrar os seus cans poderán facelo nas zonas creadas ao afecto que son Bustelos (Vilatuxe), Goiás, Catasós e a zona comprendida entre as parroquias de Botos e Vilanova. «Adestrar fóra de ditas zonas estaría considerado por lei como cazar con cans sin arma e estragaría un traballo de repoboación que se está facenso», según recolle a sociedade.

A festa anual para cazadores e pescadores celebrarase o 3 de xuño, nunha carpa que se instalará entre Samprizón e Bustelos, e na que haberá non só xantar de irmandade senón tamén campeonatos matinais de cans de rastro sobre xabaril e de caza con arco sobre codorniz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario